miércoles, 3 de enero de 2007

Eses homes que marcaron a nosa vida I

Rematou o ano 2006 e toca facer balance do que nel aconteceu. Moitos pensarán en repasar os logros acadados, outros mirarán cara atrás buscando erros que solventar... pero nós, nós somos un grupo de mulleres xoves e sobradamente preparadas (obviaremos o de "desesperadas" porque xa sei que estades case todas felizmente acompañadas... puagg, que pouca solidariedade jejej) e como tal deberiamos facer memoria daqueles homes que marcaron o nacemento e a existencia do noso grupo (e non me digades que non sodes tan frívolas para iso, que ben que na última cea non falastes doutra cousa).

Para empezar, por suposto, unha mención ao noso querido profesor de inglés alias "Machine" (como non teño a súa foto meto a da súa tía a Srta. Rottenmeier jejej):




















Michelangelo
alias "Machine"


Data de nacemento:

...que máis dá, no amor non hai idades.

Profesión:

Profesor de inglés... ou iso di.

Cidade de residencia:
Santiago de Compostela... por alí por Conxo.

Teléfono:
Teno apuntado Miguel, ejem ejem.

Intereses:

Se descoñecen... a parte do seu bo gusto pola moda.


P.D. Agora non se me ocorren máis datos para este gran home, pero podedes ir completándoos vós jejje. Un bico a todas

2 comentarios:

Irene T. dijo...

Carmen...snif, snif...que xa non sei facer táboas!!!... mira que espazo enorme me quedou no medio.

Rosa dijo...

Eu quero facer unha mencion especial a Xoan, que na nosa ultima reunion (12 xaneiro) estivo facendonos fotos con todalas camaras e con toda a paciencia do mundo... porque a nos facianos moita gracia pero a el... non lle sacamos ninguna non?